O Parlamento tamén lles reclama aos Franco que devolvan as estatuas do Mestre Mateo

A cámara súmase ás solicitudes do Congreso e do Concello de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou onte unha proposición non de lei do grupo de En Marea pola que se suma ás reclamacións para que a familia Franco devolva ao dominio público as dúas estatuas do Pórtico da Gloria que garda no Pazo de Meirás. En concreto, a cámara solicítalle á Xunta que amose "o seu apoio ás actuacións que está a levar o Concello de Santiago de Compostela" para recuperar estes bens e que, posteriormente, colabore coa Administración local "nas posibles tarefas de restauración e posta en valor destes bens". Así mesmo, a solicitude conmina ao goberno galego a "iniciar o procedemento para a declaración BIC das devanditas esculturas tal e como está anunciado". Con anterioridade a esta resolución, o Concello de Santiago e mailo Congreso dos Deputados aprobaron solicitarlle á familia Franco a devolución destas pezas.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pórtico da Gloria, Congreso dos Deputados, Concello de Santiago de Compostela, Goberno Galego...