A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobaba na súa reunión desta semana solicitarlle á familia Franco que devolva as estatuas do Pórtico da Gloria que custodia no Pazo de Meirás. A sección da cámara acordou por unanimidade unha proposición non de lei de En Marea para que o Goberno faga todo o posible por conseguir o retorno ao dominio público destas pezas patrimoniais. Na mesma solicÃtaselle ao executivo que realice "as comprobacións pertinentes" para verificar se a posesión das estatuas supón un expolio e que empregue todos os medios necesarios, mesmo a recorrer á fiscalÃa, para conseguir a súa devolución ao Concello de Santiago.
A mesma sesión serviu para que a Comisión aprobase solicitarlle ao goberno que apoie as celebracións polo centenario de Eduardo Pondal e os 92 anos de falecemento de Labarta Pose. O Grupo Parlamentario Socialista solicitoulle ao goberno "que se implique institucional e orzamentariamente na difusión e conmemoración da figura e da obra do intelectual, escritor e poeta" mediante convenios co Concello de Ponteceso e coa Fundación Pondal. Do mesmo xeito, solicita a implicación do executivo na conmemoración de Labarta Pose mediante convenios co concello de Zas e coas entidades culturais Adro e Badius.