A recuperación para o pobo galego dos bens que adquiriu por vÃa de herdanza a familia Franco do xeneral ditador segue concitando unanimidades nos representantes da cidadanÃa no Parlamento de Galicia. Reunida onte a Comisión 4ª, de Educación e Cultura, adoptou por unanimidade a proposta sobre a axilización por parte do Goberno galego do procedemento para a declaración como ben de interese cultural do edificio histórico da Coruña coñecido como Casa Cornide presentada polo Bloque Nacionalista Galego. O texto, aprobado polos representantes das tres forzas polÃticas indica textualmente: «O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a axilizar o procedemento necesario para declarar BIC o histórico edificio coruñés coñecido como Casa Cornide.». Ademais desta proposta a Comisión 4ª tamén aprobou, cos votos dos representantes do Partido Popular e a abstención dos demais, unha declaración proposta desde o PP pola que o Parlamento de Galicia "insta a Xunta de Galicia a demandar do Estado a cesión da xestión do Pazo de Meirás, co obxectivo de desenvolver usos culturais que expliquen a historia do inmoble, reivindiquen o entendemento e a concordia, e afonden no papel das escritoras na historia da literatura, particularmente de Emilia Pardo Bazán". O Parlamento de Galicia xa se pronunciou por unanimidade noutras ocasións sobre os bens en posesión dos descendentes do ditador, como no caso das estatuas do mestre Mateo e do propio pazo de Meirás.