
Os representantes da cidadanÃa instan asà mesmo á Xunta a traballar conxuntamente coa administración xeral do Estado na adopción de todas as medidas previstas na lexislación, incluÃndo medidas cautelares e urxentes, para garantir a unidade e integridade dos bens e "para impedir un novo saqueo de bens que foron resultado do espolio franquista. E, neste sentido, advertir á familia Franco da imposibilidade de sacar de Meirás todos aqueles bens que non sexan os obxectos e utensilios de uso estritamente persoal e privado". O Parlamento insta ao goberno galego a "levar a cabo as accións pertinentes para que os bens cunha declaración especÃfica de BIC, as Estatuas do Mestre Mateo e a Biblioteca de Emilia Pardo, se manteñan en Galicia, en resposta ao sentir xeneralizado da sociedade galega."
O Concello da Coruña tamén
Na mesma liña desde o Concello da Coruña a alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o consistorio recorrerá contra a dilixencia xudicial do pazo de Meirás, en que se lle dá vÃa libre á familia Franco para que retire os bens do seu interior: "Colaboraremos coa avogacÃa do Estado en todo o que faga falta e coa documentación pertinente que certifique que o patrimonio interior do pazo pertence, igual que o edificio, a todas e todos os galegos". A rexedora asegurou que "respectamos as posicións procesuais de todas as partes, pero o noso compromiso é firme" e puntualizou que está constatado que os Franco usurparon no seu momento unha propiedade pública coa lexitimidade dun réxime autoritario e que esa propiedade conta hoxe en dÃa con obxectos de gran valor.