A Xunta de Galicia está a ultimar un plan de usos do Pazo de Meirás, segundo avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. Este martes pasado a Comisión 4ª do Parlamento de Galicia aprobaba cos únicos votos do Partido Popular e a abstención do resto dos grupos unha proposta á Xunta de Galicia para solicitar ao goberno do Estado a cesión da xestión do Pazo de Meirás unha vez que se falle o proceso xudicial aberto nese sentido entre o Estado e a familia Franco. Unha solicitude que xa estaba cursada. En declaracións á prensa Rodríguez avanzou que a intención da Xunta é facer do Pazo un espazo de referencia do papel da muller no mundo da creación, relacionando esta proposta coas ideas da escritora Emilia Pardo Bazán, primeira dona do lugar. Así o goberno autonómico faría de Meirás un sitio de creación focalizado na igualdade e o protagonismo da muller, "sen obviar que foi o fogar dun ditador", asegurou o conselleiro. O titular de Cultura tamén asegurou que cando o plan de usos estea culminado se abrirá á participación para “consensualo” en sociedade, A intención de xestionar o pazo de Meirás co foco na figura de Emilia Pardo Bazán xa fóra adiantada polo conselleiro cando o xulgado ditaminou que os Franco abandonaran o inmoble.
A Xunta quere converter Meirás nun espazo de referencia sobre creación feminina
O conselleiro avanza as liñas dun futuro plan de uso para o caso da cesión do pazo ao goberno autonómico
28 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares
