O Parlamento insta á Xunta a fomentar o consumo de cultura galega desde a infancia

Acordou por unanimidade unha proposición que favoreza a oferta e a demanda

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

Na última reunión da Comisión 4ª, de Educación e Cultura, o pasado 22 de abril de 2022, acordouse por unanimidade de todos os grupos políticos unha proposta dirixida a aumentar a oferta e demanda dos produtos culturais galegos cara á poboación máis nova, desde a infancia á xuventude. Tras unha proposta do grupo parlamentario socialista dirixida a que a Xunta puxese en marcha "unha campaña de animación ao consumo de cultura galega entre a infancia e a mocidade" finalmente conseguiuse o acordo de todos os representantes para aprobar con modificacións un texto nese mesmo sentido. Na proposta consensuada ínstase ao goberno galego a tomar medidas en dúas direccións. A primeira sería, de apoio á creación e polo tanto ínstase a "impulsar liñas de actuación específicas para potenciar a creación de produtos culturais en galego dirixidos aos menores de idade". A segunda vai na liña do aumento da chegada e demanda, e solicita "fomentar campañas de animación ao consumo de cultura galega entre a infancia e a mocidade."

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Xuventude, Educación, Goberno Galego

Claves

Entidades