O Parlamento solicítalle á Xunta recoñecer a billarda como deporte

Reclama por unanimidade traballar a prol dunha Federación Galega de Deportes Autóctonos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Parlamento de Galicia acordou por unanimidade solicitarlle á Xunta que recoñeza a billarda como modalidade deportiva. A Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior que se celebrou o pasado martes 4 de xuño acordou, a partir dunha proposta do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego pedir ademais que o Goberno Galego abra "un proceso de diálogo coas entidades que traballan no eido dos deportes tradicionais para avaliar a posibilidade de crear una Federación Galega de Deportes Autóctonos". Do mesmo xeito, reclama tamén "desenvolver un programa de divulgación e expansión da billarda no ámbito educativo e no conxunto da sociedade", así como fomentar as competicións de billarda e mais incluír os espazos para o xogo no Plan de Infraestruturas Deportivas de Galiza.

A solicitude responde á proposta que os representantes da Liga Nacional de Billarda achegaron ao Parlamento o pasado mes de abril. O recoñecemento como deporte garantirá, segundo os colectivos agrupados na Liga, a supervivencia deste xogo tradicional e facilitará a súa extensión.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A saúde da billarda

A saúde da billarda

Os xogos tradicionais galegos contan cun grande número de adeptos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bloque Nacionalista Galego, Goberno Galego, Parlamento de Galicia