
Este status abre novas vÃas para a popularización deste xogo tradicional, ao outorgarlle un novo marco legal á súa práctica e facilitar a integración do mesmo nas escolas. Ademais, fará que se teña en conta esta modalidade á hora de crear instalacións deportivas por todo o paÃs. A Liga Nacional de Billarda, que agrupa as competicións deste deporte, aseguraba que esta declaración era o único xeito de garantir a supervivencia desta práctica.
A coincidir con esta declaración, a Xunta adiantou que esta medida supón "un paso previo á creación dunha nova federación na que se incluirán os deportes populares e tradicionais de Galicia e na que xa traballa a SecretarÃa Xeral para o Deporte". En vindeiras datas publicarase no DOG a orde que oficializa a nova consideración da billarda como deporte.