Melide acolle o sábado unha xuntanza para constituír unha Coordinadora Galega de Xogos e Deportes Populares

Xogos Reunidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Nos últimos tempos apareceron en Galicia numerosos colectivos interesados en recuperar tanto prácticas lúdicas tradicionais en xeral, como unha modalidade específica. E a primeira vez en que todas esas partes se agruparon foi no I Curso que se celebrou en Ourense a finais de maio. Daquela iniciativa acordouse crear unha coordinadora galega de entidades promotoras dos xogos e deportes populares. Agora ben, esa coordinadora constituirase mañá día 26 no salón de actos da biblioteca municipal de Melide a partir das dez da mañá.

Máis información no web de Xogos Populares e no noso tema do día sobre o "I Curso sobre Xogos e Desportes Populares" celebrado en Ourense

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Melide, Ourense, Culturagalega

Claves

Entidades
Lugares