Nace Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional que quere difundir os nosos costumes lúdicos

País de xogos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa se coñecen os froitos da xuntanza que se celebrou o pasado vinte e seis de xuño en Melide para coordinar as diferentes iniciativas de recuperación de xogos populares galegos. Onte dábase a coñecer Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, unha entidade que agrupa asociacións, empresas, clubs deportivos e centros de ensino de todo o país que están interesados en recuperar e difundir o noso patrimonio lúdico. O novo colectivo xa solicitou a súa integración na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, e anuncia a súa intención de buscar un interlocutor na administración autonómica que traballe a prol deste tipo de entretemento.

Máis información en xogospopulares.com e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Culturagalega, Melide, Ensino

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares