Os xogos tradicionais galegos están presentes por primeira vez no Festival Internacional de Xogos de Rúa

A chave está en Verona

22/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
9 lecturas | Compartido 0 veces
Xa non cómpre vir por Galicia para botar unha partida de chave. Este xogo tradicional constitúa a primeira representación galega no Festival Internacional de Xogos de Rúa que se celebra en Verona, Italia. A rede galega de xogo tradicional, Brinquedia, é a encargada de achegar este deporte ao evento. Os asistentes poderán coñecer de primeira man as modalidades de Santiago e Ourense, que difiren na forma da chave e no tamaño dos pesos que se lanzan.

Máis información en La Voz de Galicia, no web xogospopulares.com e nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares