Velle xa conta cun Centro de Interpretación de Xogos Populares

Xogar coa historia

O xogo da billarda, o do Turra-Suga, o do pincha-carneiros, as chapas ou a chave xa teñen o seu patio de xogos. É o Centro de Interpretación de Xogos que abreu onte as súas portas na localidade ourensá de Velle e que pretende recuperar aqueles xogos tradicionais a punto de caer no baúl dos recordos.


Centro dos xogos



O centro da Interpretación de Xogos, asentado en Velle conta cunha superficie de dez mil metros cadrados. Un espacio idóneo para practicar todo tipo de xogos. Esta iniciativa, que conta co apoio do plan Proder, pretende facer unha retrospectiva das actividades lúdicas. Na inauguración oficial celebrada onte, "O xogo na historia" fixo un recorrido en clave teatral sobre o xogo dende a prehistoria ata os días actuais.












Un proxecto antigo



A asociación Socio-Pedagóxica Galaico Portuguesa responsable deste proxecto levan dende 1981 organizando encontros de xogos populares. Xuntanzas que se realizaron en Santiago e en municipios de Portugal, com Vila Perdizes ou Vinhais. Precedentes do Centro de Intepretación que se especializará en manter vivos aqueles xogos que formaron parte do noso pasado.