O vindeiro sábado 17 de decembro a Insua dos Poetas, no Carballiño, acollerá os actos de celebración do 111 aniversario de Álvaro Cunqueiro. A Fundación que xere este espazo organiza o acto, que se iniciará ás 10 horas da mañá coa inauguración dunha escultura alegórica da obra do mindoniense realizada por Tatiana R. Fírvida.
Como acompañamento musical desenvolverase unha actuación da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que estreará a obra Alborada da Insua dos Poetas. A partir das 11 horas acompañará o evento o cantautor Amancio Prada, que interpretará unha selección de versión musicadas de poemas do homenaxeado. A celebración contará tamén coa intervención de César Cunqueiro González-Seco, fillo do homenaxeado, e rematará cunha degustación de polbo, pan e viño do Ribeiro.