Amancio Prada cántalle a Cunqueiro no centenario do seu nacemento

O concerto insírese tamén nas actividades programadas no Ano da Música

En 1980 Amancio Prada prometeulle a Álvaro Cunqueiro que lle poría música a algúns dos seus poemas neotrobadorescos. Malia que o poeta mindoniense non chegou a escoitalo nunca (morreu un ano despois), o cantante cumpríu a súa palabra co disco A dama e o cabaleiro. Un traballo que pon música a 13 poemas de Cunqueiro e que fan parte do programa co que este venres o cantante honra a súa memoria. O concerto, que foi presentado esta mañá no Salón Teatro, inclúese dentro dunha dobre celebración. Dunba banda na do Ano da Música que promove a Consellaría de Cultura; e da outra, na do Ano Cunqueiro que organiza o Consello da Cultura Galega. Dúas entidades que unen os seus esforzos nesta ocasión para lembrar, en palabras de Amancio Prada a “quen fixo que coa súa obra Galicia viva mil primaveras máis”.