Vigo acolle o comezo dos actos do Ano Cunqueiro

Un tendal pon a disposición do público 2.000 láminas con poemas do autor

24/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dúas mil láminas con poemas de Cunqueiro en quince idiomas tendidos na Praza da Constitución de Vigo dispoñibles para quen os queira ler ou levar. Esta é a iniciativa artellada pola Universidade e mais o Concello de Vigo co que comezan os actos de Celebración do Ano Cunqueiro. O vindeiro sábado 26 un acto no Centro Social Caixanova continuará as homenaxes coa presenza, entre outros, do presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, do cantante Luís Emilio Batallán e mais de alumnos da Escola de Arte Dramático, que escenificarán un dos textos do mindoniense.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Poemas, Ramón Villares, Caixanova...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares