
Segundo destacou Dolores Vilavedra, membro da comisión organizadora pola Universidade de Santiago, un dos principais obxectivos do encontro é achegar a Cunqueiro a novos ámbitos académicos e internacionalizar a súa figura. Deste xeito, no encontro participarán estudosos chegados do Reino Unido, Francia ou Brasil, asà como investigadores galegos que abordan novas perspectivas encol do escritor. Canda a eles estarán presentes algúns dos máis veteráns investigadores desta figura, como César Antonio Molina ou Xosé LuÃs Franco Grande. Para alén de varias mesas redondas sobre temas fundamentais da vida e da obra do autor, no encontro haberá máis dunha trintena de comunicacións nas que se abordarán diferentes aspectos do mesmo.
Na presentación do congreso Villares chamou a traballar para conseguir unha mellor recepción de Cunqueiro nas novas xeracións.