O número de poemas coñecidos de Cunqueiro vaise duplicar, segundo Manuel Forcadela

O Consello da Cultura abre o prazo de inscrición para o congreso dedicado ao mindoniense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

“O corpus poético de Álvaro Cunqueiro duplicarase con textos inéditos seus no ano do centenario”. Así o aseguraba onte Manuel Forcadela no faladoiro que sobre o autor mindoniense organizou o Consello da Cultura Galega na súa sede en Compostela. Este escritor e profesor da Universidade de Vigo asegurou que faltan aínda por descubrir boa parte da produción poética do autor, e que a celebración do centenario do nacemento de Cunqueiro servirá para saia á luz. A coincidir con este evento, o Consello da Cultura Galega abriu a inscrición, a través do seu web, do congreso Mil e un Cunqueiros, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 1 de outubro.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Forcadela, Manuel Forcadela, Consello da Cultura Galega, Álvaro Cunqueiro...