O xornalismo de Cunqueiro fecha o ciclo de faladoiros sobre o autor

A Casa Galega da Cultura acolle en vigo o último dos encontros do ciclo coordinado polo Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xoves, un de decembro, celébrase en Vigo o undécimo e derradeiro faladoiro do ciclo que lle dedicou a Álvaro Cunqueiro o Consello da Cultura Galega. Desta volta, o eixe do encontro será o traballo xornalístico deste autor. A Casa da Galega da Cultura acolle a partir das 20 horas o debate, no que participan o editor e xornalista Victor Freixanes, a profesora Dolores Vilavedra, o ensaísta e crítico Ramón Nicolás e o xornalista e conselleiro do Faro de Vigo, Ceferino de Blas. O faladoiro intégrase nos actos organizados con motivo do centenario do nacemento do mindoniense.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Dolores Vilavedra, Álvaro Cunqueiro, Ramón Nicolás...