O Círculo de Belas Artes de Madrid acollerá un faladoiro sobre Cunqueiro

A sesión fai parte da programación do Consello da Cultura polo centenario do autor

| | Seccións: Literatura
Compartir:

César Antonio Molina, Luís Mateo Díez, Ángel Basanta e Vicente Araguas e Carlos González Reigosa falarán no Círculo de Belas Artes de Madrid sobre Cunqueiro. Con este evento comezan, o vindeiro doce de maio ás 19:30 horas, a serie de once faladoiros cos que o Consello da Cultura quere conmemorar o centenario nacemento do escritor mindoniense. Desta volta, o tema de debate será Cunqueiro desde Madrid, e repasarase a presenza do autor na cidade. A este evento seguirán outros dez faladoiros sobre a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro en Lugo (2 de xuño), Santiago (16 de xuño) e nos meses seguintes en Ourense, Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Círculo de Belas Artes de Madrid, Álvaro Cunqueiro, Vicente Araguas...