Un faladoiro analizará o popular na obra de Cunqueiro

O Consello da Cultura organiza este encontro en Lugo na tarde do 2 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo analizarán mañá a presenza do popular na obra de Cunqueiro no marco dun faladoiro que organiza a Cidade da Cultura. O encontro celebrarase a partir das 19:30 horas de mañá, dous de xuño, na Aula Sociocultural Novacaixagalicia, sita na Praza de Santa María, en Lugo. O encontro é o primeiro dunha serie que continuará por Santiago (16 de xuño), Ourense, Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Ferrol e Vigo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito