"Redescubrir as vangardas a través da tecnoloxÃa de última xeración" é a proposta da exposición-espectáculo "Vanguardias" que abre hoxe nos espazos do Auditorio Mar de Vigo. O edificio acolle deste xeito na súa programación por vez primeira unha exposición de base artÃstica que usa de tecnoloxÃas para ofrecer unha experiencia "inmersiva". 'Vanguardias', unha montaxe da produtora Art Apart, estrease deste xeito en territorio nacional ofrecendo na súa montaxe unha experiencia con base a obras dos pintores Juan Gris, Robert Delaunay, Kandinsky, Ernst Ludwig Kirchner, August Macke, Kazimir Malevich, Franz Marc, Amedeo Modigliani, Edvard Munch, Egon Schiele e Alexej von Jawlensky.
'Vanguardias' propón unha inmersión total na obra dos artistas a través das imaxes en movemento, a música e unha ducia de pantallas xigantes de 4 metros de alto e ata 24 metros de ancho. A mostra distribúese en dous espazos diferenciados. O primeiro achega información relevante sobre como xurdiu o movemento artÃstico vangardista, as súas técnicas, asà como a influencia que tivo no mundo da arte e na sociedade actual. A segunda parte da visita é a gran sala inmersiva de 400 metros cadrados. A visita finaliza nunha zona lúdica interactiva. As gravacións da sala inmersiva e os textos da exposición están dispoñibles en castelán, galego, portugués e inglés. O espectáculo poderá visitarse ata o vindeiro 26 de febreiro e o prezo da entrada xeral é de 10 euros durante semana e 13 na fin de semana e festivos.