Carne y arena (Virtualmente presente, Fisicamente invisible) é o tÃtulo da proposta que abre este 1 de xullo na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Esta experiencia inmersiva, que fai parte do programa expositivo do complexo, foi deseñada polo cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu coa intención de situar as persoas participantes na pel de migrantes e refuxiados. O proxecto poderá visitarse, previa reserva, ata o vindeiro 18 de setembro.
A instalación preséntase como "unha experiencia deseñada como unha travesÃa de quince minutos para unha persoa, que xira arredor dunha secuencia de realidade virtual experimentada por tres visitantes simultáneos en salas separadas, con tecnoloxÃa inmersiva de vangarda para crear un espazo multinarrativo de luz con personaxes humanas".
A iniciativa, que se estreou no festival de Cannes de 2017 e recibiu un Oscar especial, aproveita técnicas de realidade virtual para pór en escena historias baseadas en feitos reais de xeito que "as liñas superficiais entre suxeito e espectador esvaecen ata mesturarse, permitindo a quen participa na experiencia pasear por un vasto espazo e experimentar en profundidade un fragmento das viaxes persoais das persoas refuxiadas". Está aberto o prazo para adquirir entradas para a instalación a un prezo de nove euros.