
A cineasta alemana Deborah S. Phillips, o británico James Edmonds, o xaponés Tomonari Nishikawa ou o sevillano Bruno Delgado Ramo son algúns dos nomes máis destacados que participan do programa. Canda a eles, Juan Sebastián BollaÃn estará presente na cidade cun programa dobre arredor da súa obra. Ademais, unha nova xeira do ciclo Desbordamentos explorará a creación ao vivo arredor do propio feito da proxección, ca celebración de "A noite berlinesa" na Fundación Luis Seoane a cargo de Phillips e Edmonds e proxectos artÃsticos multimedia a cargo de Las Synergys e Esperanza Collado.
No apartado Sinais o dúo conformado por Helena Girón e Samuel Delgado será protagonista mediante un percorrido pola súa obra cun programa online e outro presencial, guiado pola produtora Beli MartÃnez. Ademais, os dous creadores desenvolverán unha film performance na cidade. O Sinais en Curto, pola súa banda, amosará as últimas propostas de Alberto Gracia, Sol Mussa, Xacio Baño, Marta Valverde e Eloy DomÃnguez Serén. Dentro da programación en liña, o festival desenvolve Camera Obscura, un programa en streaming que contará con Jodie Mack, Juan Sebastián BollaÃn, Pablo MarÃn e David Domingo.
No marco dos encontros profesionais do evento desenvolverase unha sesión sobre a exhibición cinematográfica en colaboración con Proxecta-Coordinadora galega de festivais de cinema, a contar con responsables de diferentes microcines autoxestionados. Damien Sanville, do Close Up Cinema (Londres); Ed Halter, de Light Industry (Nova York); Albert Triviño, de Zumzeig Cinecooperativa (Barcelona); e Xan Gómez Viñas, de Numax (Santiago de Compostela). Un segundo encontro, co apoio de CREA – Asociación de profesionais da dirección e a realización de Galicia, contará con Jorge Rivero, da Coordinadora del Cortometraje Español, para falar sobre a plataforma Archivo del Cortometraje Español.