
A estrutura deste exposición presenta tres eixos temáticos: un primeiro relativo á arte sonora, no que se integran traballos de artistas que parten do son como materia prima esencial dende a que construÃr a obra; un segundo eixo dedicado á relación da obra artÃstica co universo da chamada música culta nos seus desenvolvementos clásicos e contemporáneos, asà como na relación cos seus espazos de escoita ou os seus sistemas de notación; por último, unha parte da mostra estará dedicada á relación establecida entre a arte visual e a música pop e todo o universo de imaxinerÃa que rodea a estas prácticas musicais na actualidade. Na exposición amósanse traballos de Xoán Anleo (MarÃn, 1960), Vasco Araújo (Lisboa, 1975), Amine Asselman (Toulouse, 1989), Misha Bies Golas / BenxamÃn Otero (LalÃn, 1977 e 1979), Gonzalo Elvira (Patagonia, Argentina, 1971), Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978), Juan López (Ferrol, 1973), Julia Llerena (Sevilla, 1985), VÃtor Mejuto (Barcelona, 1969), Macarena Montesinos (Vigo, 1982), Luisa Pastor (Alicante, 1977), Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, 1981), Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, 1979) e Susan Philipsz (Glasgow, 1965).