O castelo de Sobroso ofrecerá unha "experiencia inmersiva" os visitantes

A Deputación de Pontevedra prepara un proxecto de posta en valor baseado en novas tecnoloxías

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castelo de Sobroso. Foto: Turismo Rías Baixas

Castelo de Sobroso. Foto: Turismo Rías Baixas

Unha visita dunha hora de duración, para grupos de 15 persoas, nun itinerario que convirte a visita ao castelo de Sobroso nunha "experiencia inmersiva". A través de sete audiovisuais que empregan técnicas de "videomapping", é dicir, proxeccións adaptadas a superficies, que xogan con transformalas visualmente. Deste xeito, percórrese a historia do castelo, a súa arquitectura e o seu proceso de recuperación, facendo que as proxeccións interactúen con obxectos ou lenzos de muros. O castelo de Sobroso ten a peculiaridade de que pertence ao concello de Ponteareas aínda que está dentro do concello de Mondariz. A Deputación de Pontevedra autorizou un investimento de 300.000 euros e está a traballar nos pregos para poder realizar a licitación do proxecto.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Deputación de Pontevedra, Arquitectura, Mondariz...