O Castelo de Sobroso, en Mondariz, estrea hoxe a súa innovadora musealización anunciada fai máis dun ano como unha "experiencia inmersiva" para os visitantes, apoiada na dixitalización e que busca ademais poñer en valor os recursos da comarca na que se asenta. A Deputación provincial de Pontevedra fixo un investimento de 261.224 euros neste proxecto. A presidenta do ente provincial, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández e rexedores e rexedoras dos concellos de toda a comarca do Condado-Paradanta, participan hoxe no acto de estrea da musealización. O acto conta coa actuación das artistas de Sarao Animación, que porán en escena a produción "Bosque viviente", coa que se dará a benvida ás persoas asistentes. A fortaleza de Sobroso aséntase sobre un promontorio rochoso con restos da época castrexa, na ladeira do monte LandÃn, a 334 metros, dominando un amplo panorama. Desde esta situación estratéxica controlaba, na época medieval, as comunicacións entre o interior e a "Terra de Turonio" coa cidade de Tui. O seu nome garda relación coa existencia de sobreiras neste lugar. Na súa historia están escritos tensos episodios relacionados coa raÃña dona Urraca ou a revolta Irmandiña.
Segundo comunica a Deputación, a musealización do Castelo de Sobroso está baseada nunha "intervención vivencial", onde en cada espazo as persoas visitantes serán sorprendidas por un espectáculo audiovisual diferente, no que as personaxes e sensacións tomarán o protagonismo para revivir diferentes historias ao longo de toda a visita e mantendo dous fitos no relato como é a recuperación da tradición oral entorno ao Castelo e á contorna. Deste xeito, no transcurso da visita á fortaleza, as persoas visitantes poderán descubrir a relación da raÃña Urraca ou a raÃña Isabel de Portugal co Castelo de Sobroso, ou o papel do xornalista Alejo Carrera na súa rehabilitación como espazo residencial na primeira metade do século XX. As propias estancias do recinto histórico foron adecuadas para recibir ás persoas visitantes nun espazo no que se referencia a paisaxe e os recursos da comarca como o Balneario de Mondariz, A Franqueira ou o Castro de Troña, e a partir de aà percorrer as salas coas seguintes temáticas: Sobroso na paisaxe; a historia do Castelo e das súas persoas habitantes; o Castelo protagonista da historia; o Castelo, da destrución á recuperación; os seres máxicos e a auga no Castelo; a construción do Castelo e o Castelo, escenario de cantigas e trobadores. A visita finaliza nas terrazas da fortaleza situando as persoas visitantes na comarca e nos seus recursos a través dunha panorámica única.