Máis de vinte entidades galegas da emigración do noso paÃs presentes en Cataluña colaboran para levar a cabo este vindeiro sábado dÃa 10 de decembro a gala-espectáculo "Unha Xeración. Dous Mundos", coa que dan conta a xeito de teatro musical das historias dese fluxo humano chegado de Galicia desde a década dos 60 e 70 ata os nosos dÃas a xeito de homenaxe. O gran Teatre del Liceu de Barcelona acollerá ás 18:00 horas este evento, iniciativa da Casa Galega de L'Hospitalet e Xuntanza de Catalunya, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Deputación de Barcelona, asà como AEGA-CAT (Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña). A gala de teatro musical "Unha Xeración. Dous Mundos" conta cun elenco de máis de 250 participantes, actores e músicos, que darán vida a un guión escrito por Xosé Carlos GarcÃa e Manuel Prados. Artur Puga e Xisco Feijoó son directores artÃsticos da obra, cuxa dirección teatral e musical recae en Cote González e Xurxo Gándara, respectivamente. Entre os asistentes confirmados estarán o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asà como representantes do Parlamento de Galicia e alcaldes de ata 20 concellos galegos.