A Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña organiza unha nova edición do Gran Encontro de Galegos do Mundo

O mundo en Barcelona

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O recinto do Fórum, en Barcelona, acollerá desde mañá e ata o vindeiro domingo a segunda edición do "Gran Encontro de Gallegos del Mundo" (sic). Este evento, que organiza a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Andorra, quere servir de punto de reunión para a emigración do noso país, unindo as manifestacións culturais coas actividades empresariais. Deste xeito, persoeiros coma Xosé Ramón Barreiro, Xosé Luís Barreiro Rivas ou o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño acudirán a este evento, no que haberá exposicións, concertos e diferentes conferencias e mesas redondas.

Máis información en web do evento e en Galicia Hoxe; o noso tema sobre cultura galega en Cataluña

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Barcelona, Xosé Ramón Barreiro, Emilio Pérez Touriño...