Ponse en marcha a plataforma Rede.cat para aglutinar as propostas culturais galegas en Cataluña

A Galicia catalá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Coordinar o traballo que desde hai tempo están a desenvolver diferentes entidades a prol da cultura galega en Cataluña é a aspiración coa que nace a plataforma Rede.cat. Este colectivo, que se presenta oficialmente o vindeiro sábado, prevé presentar unha Axenda Cultural Galega en Catalunya, na que se inclúe teatro, exposicións, xornadas e outras actividades. A estrea será este mesmo sábado na celebración da II Foliada en Nou Barris, Barcelona.

Máis información en Vieiros, en Galicia Hoxe e no noso tema sobre cultura galega en cataluña

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Vieiros, Teatro, Exposicións...