A Consellaría de Cultura comprométese a afianzar a presenza galega en Cataluña e a apoiar financeiramente o premio Pedrón de Ouro

De Cataluña ao Pedrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"A presenza da cultura galega en Cataluña vai deixar de ser episódica para converterse en normal", anunciaba este sábado a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, durante a inauguración da Alameda Castelao en Barcelona. Bugallo adiantou que o Día das Letras e o 25 de xullo serán as datas focais destas actividade. Tamén foi a conselleira a encargada de asinar o pasado venres un convenio de colaboración coa Fundación Pedrón de Ouro. Con este acordo, o departamento da Xunta achegará 21.000 euros aos premios de organiza o fundación, os Pedróns de Ouro e de Honra e mais o premio de novela Modesto Rodríguez Figueiredo.

Máis información sobre a cultura galega en Cataluña en Galicia Hoxe; no web da Xunta; e no noso tema; o convenio do Pedrón de Ouro en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Ouro, Galicia Hoxe, Ánxela Bugallo...