Empresarios galegos en Cataluña organizan en Barcelona un encontro para a emigración

O forum dos galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Barcelona foi, desde sempre, un lugar de acubillo para os galegos. De feito, existen máis de 85.000 galegos censados en Cataluña o que, en moitas ocasións, lle valeu o sobrenome de “a sexta provincia”. Agora a Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT) acaba de convocar o “Gran encontro” de Galicia en Barcelona que comezará a desenvolverse mañá. O tema central será Galicia pero desde diferentes puntos de vista, por iso haberá lugar para a gastronomía, a cultura, a empresa e o debate así como numerosos espectáculos nos que participarán, entre outros, Luz Casal, Luar na Lubre ou Carlos Núñez.

Máis información na web da Asociación de Galegos en Cataluña

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Barcelona, Carlos Núñez, Luz Casal...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos