A fin de semana deixou tras de si múltiples homenaxes. En primeiro lugar, a Fundación Otero Pedrayo rompeu a súa tradición e concedeu o seu premio Traslaba a tÃtulo póstumo a AgustÃn Sixto Seco. A súa viúva, Fina da Silva, foi a encargada de recoller a estatuÃña nun acto ao que asistiron Isaac DÃaz Pardo, LuÃs Quintero Fiúza, Alonso Montero e, entre outros, o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta. Moi preto, en Ourense, a Asociación de Escritores en Lingua galega rendeulle tributo ás irmás e poetas Pura e Dora Vázquez ás que lle dedicou a “Fervenza das poetas”, unha fervenza artificial que inclúe textos das poetisas. Mentres, en Barcelona, a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat) entregaba os seus galadóns “Excelencia Gallega” a Jose LuÃs Méndez e a Xerardo González Albor nun “Gran encontro de emigrantes” celebrado esta fin de semana en Barcelona.
Máis información sobre a homenaxe a Pura e Dora Vázquez en La Voz de Galicia, sobre os premios no Gran Encontro de Gallegos en El Correo Gallego e La Región sobre o premio Trasalba