Miro Villar faise co quinto premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez

Pura e Dora e Miro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O xurado da quinta edición do premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil acordou premiar ao escritor Miro Villar (Cee, 1965) pola súa novela “o nariz de Fiz”. Villar, profesor de literatura e crítico literario, recibiu con sorpresa a noticia posto que era o primeiro relato longo que escribía nesta modalidade e que presentaba a un premio. O xurado valorou a riqueza do léxico empregada así como o fomento de “valores positivos como a amizade, a familia”. O premio, convocado pola Deputación Provincial de Ourense, está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra. Ao decidirse a modalidade de literatura queda aberta a convocatoria para a modalidade de ilustración, na que terán que presentarse propostas sobre a obra de Villar.

Maís información en La Voz de Galicia
ficha en Lg3 de Miro Villar

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Miro Villar, Miro Villar, Fiz...