A directora artÃstica e de escena da compañÃa Voadora, Marta Pazos, estreará en 2021 a adaptación teatral do único guión cinematográfico de Federico GarcÃa Lorca: Viaje a la luna. Pazos levará a escena este espectáculo coma parte do IT Teatre, unha iniciativa de coproducción de Teatre Lliure e do Institut del Teatre da deputación de Barcelona. A galega foi convidada a dirixir o proxecto IT Teatre este ano e deste xeito traballará por vez primeira con texto do autor granadino. A obra estrearase o vindeiro 3 de febreiro de 2021, dentro da programación invernal do teatro en Barcelona. Marta Pazos avanza sobre esta obra que pretende experimentar co texto de Lorca desde un punto de vista plástico, "de poesÃa visual", precisamente a través de un texto “que non foi escrito para levar a escena”, afirma Pazos. O guión, de 72 secuencias e en diálogo con El perro andaluz, permaneceu oculto ata 1989 e levouse a formato cinematográfico en 1998 por Frederic Amat. Para a directora, a produción preséntase como "unha road movie cargada de simbolismo e erotismo. Unha festa dos sentidos".
Actualmente Marta Pazos ten en escena no Teatro Valle-Inclán de Madrid a obra Siglo mÃo, bestia mÃa, una coprodución de Voadora co Centro Dramático Nacional. Está a traballar coa compañÃa galega en dúas novas producións que verán a luz en 2021: Sincro, que se poderá ver el 18 de febreiro no festival Escenas do Cambio de Santiago, e Othello, cuxa estrea terá lugar en primavera.