Voadora coproduce a súa vindeira obra co Centro Dramático Nacional

Marta Pazos dirixirá Siglo mío, bestia mía, texto que levou o Premio Nacional de Literatura Dramática

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Portada da edición do texto de Siglo mío, bestia mía

Portada da edición do texto de Siglo mío, bestia mía

Unha coprodución co Centro Dramático Nacional desenvolverá o vindeiro proxecto da recoñecida compañía teatral galega Voadora. Siglo mío, bestia mía leva a escena, con dirección de Marta Pazos, un texto de Lola Blasco sobre "como non perder o rumbo nun tempo de catástrofes". Tres personaxes nun barco amosan as diverxencias e os puntos de común da humanidade coa guerra de Siria, a crise económica e a actualidade internacional como pano de fondo. A "necesidade de amor, de consolo, do Outro" centran unha proposta "de tintes poéticos que, no entanto, se refire a feitos políticos". Blasco foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática de 2016 por este texto.

Ademais da propia Lola Blasco, o elenco da obra inclúe a José Díaz, Carlota Gaviño, Miquel Insua, Pablo Molinero e Hugo Torres. A estrea está prevista para o vindeiro 22 de abril na sala Francisco Nieva de Madrid, onde se poderá ver ata o 31 de maio.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Voadora, Centro Dramático Nacional, Marta Pazos, Literatura...