Voadora achega a Compostela a súa Viaxe á lúa

A montaxe sen texto adapta o único guión cinematográfico de Lorca

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Escena de Viaxe á Lúa

Escena de Viaxe á Lúa

O vindeiro 12 de xuño o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle a estrea en Galicia de Viaxe á lúa. A compañía Voadora achega ao noso país a montaxe que estreou en Barcelona e no que Marta Pazos adapta o único guión cinematográfico de Federico García Lorca. Segundo explica a compañía na presentación, a obra "é unha sucesión de escenas surrealistas aparentemente inconexas, pero que en realidade conforman unha tupida rede de símbolos que conectan de cheo co universo lorquiano: mulleres enloitadas, arlequíns, frenesí nocturno, un neno que chora, homes en ruelas escuras, vómito, violencia...".

A montaxe, que non conta con texto, desenvolveuse no marco do PROXECTO IT Teatre, froito da coprodución entre Teatre Lliure e Institut del Teatre de la Diputació de Barcelona. O proxecto conta con música de Hugo Torres e coreografía de Amaranta Velarde, con Laia Alberch, Marc Domingo, Rut Girona, Cristina Martínez, Clara Mingueza, Mariona Rodríguez, Gal·la Sabaté e Paula Sunyer sobre o escenario. As entradas para o espectáculo están á venda no web Compostelacultura.gal.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Voadora, Lorca, Guión, Federico García Lorca...