A Coruña disporá dun gran estudo virtual de produción audiovisual

Supón un investimento de 6,7 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Deputación da Coruña anunciou a creación dun "estudo virtual de produción audiovisual" na "cidade das TIC" da Coruña co obxectivo de ofrecer servizos para produtoras que permitan a filmación de 'contidos inmersivos de ficción' no interior de plató. Para o proxecto destinaranse 6'7 millóns de euros, dos que cinco millóns estarán financiados con cargo aos fondos Next Generation e 1'7 proceden de fondos propios da Deputación coruñesa. O estudo inclúe o que se coñece como 'plató Mandalorian', unha pantalla LED de enorme definición que permite gravar a personaxes fóra de espazos naturais. Este tipo de instalacións permiten reducir moito os custes de produción e postprodución, e empréganse moito para a simulación de exteriores.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares