O Faro de Sálvora abrirá aos visitantes nunhas anovadas instalacións

O complexo recibirá un investimento de 1,4 millóns de euros a cargo dos fondos Next Generation

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Faro da Illa de Sálvora. Fonte: Turgalicia.

Faro da Illa de Sálvora. Fonte: Turgalicia.

Un investimento de 1,4 millóns de euros permitirán rehabilitar as instalacións do Faro da Illa de Sálvora e axeitalo para usos turísticos. A Axencia de Turismo de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa asinaban este 28 de decembro o convenio polo que se aproba este investimento, realizado con cargo dos fondos Next Generation.

Entre as actuacións previstas está modernizar as instalacións do complexo para optimizar o seu emprego como sinal marítimo, así como "emendar a deterioración material polo paso do tempo". Canda a isto prevense acondicionar e abrir parte das instalacións no complexo destinadas á "divulgación científica, ao estudo do medio, posta en valor turístico do edificio e á apertura do mesmo ao visitante". Do mesmo xeito abordaranse accións de rexeneración ambiental e posta en valor da contorna do faro.

O orzamento distribuirase en dúas anualidades, cun gasto previsto de 800.000 euros en 2023 e 600.000 euros en 2024. Os fondos intégranse no Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022 do Goberno Central, dedicado á posta en valor de Bens de Interese Cultural vencellados ás rutas de peregrinación.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sálvora, Turismo, Turismo de Galicia, Vilagarcía de Arousa...