Investimento de 7 millóns de euros para o castelo de Monterreal

As obras no Parador de Baiona afectarán a diversas partes do recinto

Turespaña abriu o concurso para diversas obras no castelo de Monterreal, que afectarán tanto a infraestrutura hoteleira do parador de Baiona como á posta en valor da muralla e paseo de ronda do recinto. O concurso, por valor de máis de 6.600.000 euros, súmase tamén á redacción do plan director do recinto por un importe de case 400.000 euros, e que definira os usos e itinerario de conservación do monumento. As obras no castelo afectarán á capela, a cuberta, as bóvedas da recepción, as portas e torres da muralla e o contorno da casa de Pedro Madruga. Este investimento forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno (fondos Next Generation) co que se invisten 23,5 millóns de euros nos paradores galegos.