Seis paradores galegos contarán con fondos estatais para rehabilitación

O Hostal dos Reis Católicos, con 13,5 millóns de euros, concentra máis da metade do investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Claustro do Hostal dos Reis Católicos. Fonte: Turgalicia.

Claustro do Hostal dos Reis Católicos. Fonte: Turgalicia.

O Goberno Estatal anunciaba este 26 setembro o investimento de 81 millóns de euros dos fondos Next Generation en proxectos de rehabilitación, mantemento e embelecemento do patrimonio histórico da Rede de Paradores. Destes, un total de 23,5 millóns de euros repartiranse entre seis establecementos situados no noso país.

O edificio histórico máis beneficiado por este investimento é o Hostal dos Reis Católicos, en Compostela, que concentra máis da metade destes fondos con 13,5 millóns de euros. Este orzamento cubrirá traballos de conservación nas fachadas sur e leste do edificio, así como a restauración dos dous claustros, do aleiro histórico e da capela real. Ademais tamén se desenvolverán melloras na iluminación monumental do conxunto.

Canda a este, recibirán fondos para recuperación tamén os paradores de Baiona (6.698.248,13 euros), Ferrol (118.909,39), Monforte de Lemos (1.271.823,33), Santo Estevo (1.173.505,92) e Vilalba (841.424,50). A axencia Turespaña será a encargada de xestionar estes fondos.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Reis, Hostal dos Reis Católicos, Baiona...