O 1 por cento cultural achegoulle a Galicia 7,56 millóns nos últimos cinco anos

O BNG denuncia que o país está discriminado no reparto destes fondos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Galicia recibiu entre 2004 e 2009 7,56 millóns de euros a cargo do 1% cultural. Este epígrafe cubre a porcentaxe que destina a fins patrimoniais e artísticas o Ministerio de Fomento e co que se abordaron diferentes obras de restauración e rehabilitación no noso país. O senador Xosé Manuel Pérez Bouza, do Bloque Nacionalista Galego, denunciou que esta contía supón unicamente un 3,37% do total destes fondos a nivel estatal, o que constitúe para el unha discriminación de cara á nosa comunidade. No período comprendido entre 1996 e 2005 Galicia recibira 16,6 millóns de euros destes fondos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Bloque Nacionalista Galego, Ministerio de Fomento