O 42% dos fondos Feder da Unión Europea irán para I+D

I+D=42%UE

21/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
11 lecturas | Compartido 0 veces
A última remesa de Fondos para o Desenvolvemento Rexional (Feder) que a Unión Europea destina a Galicia irá maioritariamente para proxectos de I+D. Así o anunciou onte o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, que asegurou que un 42% dos 5.674 millóns de euros que recibirá o país ata 2013 terán este destino, o dobre do que se investiu neste campo entre 2000 e 2006. As infraestruturas, que ven recortada a súa porcentaxe, ocuparán o 31% destes fondos.

Máis información no web da Xunta e en El País


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos