O 1 por cen cultural deu para un investimento estatal en Galicia de 16,6 millóns de euros entre 1996 e 2005

Un 1 por cen que dá para moito

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ese 1% das obras públicas que a nivel estatal se destinan a fins culturais totalizaron nos últimos dez anos 16,6 millóns de euros en investimentos para o noso país. Entre 1996 e 2005 estes cartos destináronse á recuperación dos muíños de Acea da Ama, en Culleredo, o Coliseo de Noia, o Museo Valle-Inclán de Vilanova, a recuperación do Museo Naval de Ferrol ou o Teatro Pastor Díaz entre outros. Os datos forman parte dunha resposta do Goberno Central ao grupo parlamentario do PP sobre a contía destes investimentos.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Goberno Central, El Correo Gallego, Vilanova...