A Unión Europea concédelle a Galicia 60 millóns máis do previsto para investimentos en I+D

(I+d+i) + 60

O Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, presentaba esta semana o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) ata o 2013. Dous días despois de anunciar este plan (que supuña achegar 1.200 millóns nos vindeiros catro anos) temos novas dos cartos que destinará a Unión Europea Galicia nesta materia. Malia que en principio ían ser 300 millóns, segundo os cálculos que anunciou no Parlamento o conselleiro de Economía, Jose Ramón Fernández, ao final serán 360. Esa suba de 60 millóns por riba do estimado débese a que o reparto dos cartos procedentes do Fondo Tecnolóxico faise cun sistema ponderado, de tal xeito que ás comunidades con menor nivel de renda reciben máis cartos.


Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca