Un centro potenciará a creación de contidos dixitais en Santiago

Destinará 1.15 millóns a desenvolver este proxecto orientado a profesionais e estudantes

Cinema de animación e ficción, as aplicacións de software, as recreacións virtuais.... boa parte das cousas que nos rodean na nosa vida cotiá son “contidos dixitais”. Un sector que xenerou ingresos por importe de cinco mil millóns de euros no 2008 (segundo un informe do observatorio que mantén Red.es) e que cómpre potenciar. E iso é o que fará a USC co Centro de Produción e Experimentación en Contidos Dixitais, que se poñerá en marcha en tres meses. A iniciativa ten un orzamento de 1.15 millóns de euros (o 70% financiados a través de Red.es con cargo a Fondos FEDER e o 30% por parte da USC) e está dirixido a estudantes e profesionais. Para os primeiros, haberá cursos de formación e especialización, así como liñas de investigación; mentres que para os segundos, desenvolveránse convenios de traballo. En todo caso, Senén Barro apuntou que “a USC non desenvolverá actividades de servizos para o sector empresarial”.

O proxecto intégrase dentro do programa Profesionais dixitais que mantén Red.es, a empresa pública empresarial adscrita á Secretaría de Estado de Telecomunicacións. E esta iniciativa é un dos cinco piares nos que se sustenta o Plan Avanza, para o desenvolvemento da Sociedade da Información en España. O proxecto que se desenvolve na Universidade de Santiago é un dos 21 que Red.es financia en toda España e que ten como obxectivo impulsar os contidos dixitais.