Ponse en marcha un programa para impulsar o sector de contidos dixitais

O convenio de “Viraxe TIC” está dotado con catro millóns de euros

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xunto co Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) e co Clúster TIC de Galicia asinaron o convenio para a posta en marcha de "Viraxe TIC", un programa que busca acelerar o desenvolvemento e a competitividade do sector de contidos dixitais na Comunidade. A primeira fase de Viraxe TIC abrangue tres liñas de actuación: a análise das oportunidades de negocio para o sector dos contidos dixitais; a celebración de foros de intercambio e networking entre o sector TIC e o audiovisual e a prestación de servizos de asesoramento. Esta primeira etapa do programa conta cun orzamento de 300.000 euros, dos cales 270.000 euros serán achegados pola Amtega e o importe restante por ambos Clústers.

Nunha segunda fase, o Programa Viraxe TIC incentivará o desenvolvemento deses novos ou mellorados produtos, procesos e servizos. Con este obxectivo está previsto o lanzamento dunha liña de axudas dotada con máis de 3,7 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e de contidos dixitais no período 2017 - 2019. As actividades derivadas deste convenio enmárcanse nos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020, impulsada pola Amtega
Ligazóns