Os clústeres reciben cartos de Industria para abrir novas vías de traballo

O convenio creará unha unidade para potenciar a explotación de contidos dixitais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os diferentes clústeres que existen en Galicia (audiovisual, produto gráfico, automoción, naval, acuicultura biotecnoloxía e madeira) queren mellorar a súa competitividade. Por ese motivo, a Consellaría de Industria acaba de asinar un convenio polo que lles dá tres millóns de euros para abrir diferentes liñas de traballo. Con esa achega, o do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego elaborarán un estudo das posibilidades de negocio e fomentarán os consorcios de exportación, ademais de crear un libro de estilo do mundo gráfico. No caso do do audiovisual, a medida servirá para pór en marcha unha unidade que permitirá avanzar na creación e explotación de contidos dixitais, fomentará a presenza no estranxeiro e creará a marca Galicia audiovisual.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Industria

Claves