Empregar a rede para distribuir libros impresos, editar baixo pedido a partir dun fondo de contidos dixitalizados e a venda en liña de eBooks son algunhas das áreas de negocio que procura o Clúster do Produto Gráfico. Esta tarde reúnense os responsables de editorais como Xerais ou Galaxia, con empresas tecnolóxicas como Tecnocom ou Xerox para concretar os pormenores deste proxecto.
Juan Penas, xerente do Clúster do Produto Gráfico, explica que “queremos facer o Amazon galego, pero máis innovador, e posicionalo no mundo”. Pero esta non é máis que unha das tres liñas de traballo que está a desenvolver o Clúster, que se completa coa creación dunha marca paraugas e con diferentes melloras no packaging ou conseguir unha impresión limpa.
Será o vindeiro dÃa 17 cando se desenvolvan as asembleas xerais do Clúster e da Plataforma. Nesta última farase unha proposta de estrutura organizativa e aprobación do primeiro comité executivo que permita levar adiante as diferentes liñas de traballo.