O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg) celebrou este xoves unha asemblea xeral ordinaria na que renovou a súa Xunta Directiva. Jacobo Bermejo repite como presidente e estará acompañado no cargo por Carlos del Pulgar, de Nova Galicia Edicións, como por vicepresidente primero; Chema DÃaz, de BAP&Conde como vicepresidente segundo e Rafael Fernández, de Grafoplas del Noroeste, como tesoureiro. Entre as prioridades deste equipo destaca a Fundación do Centro de Innovación Tecnolóxica da Comunicación, a Edición e as Artes Gráficas de Galicia. No vindeiro mes presentarán os Premios ao Producto Gráfico Galego e en xullo, o Libro de Estilo do Clúster.