O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego presentou a primeira edición dos seus novos galardóns cos que pretende, en palabras do seu Presidente Jacobo Bermejo, “desenvolver a autoestima dun sector que aposta pola innovación e pola creatividade” e cuxos produtos esténdense a moitas áreas da vida e da economÃa. Para poñer en valor aos profesionais, empresas e estudantes do sector créanse catro galardóns que buscarán estimular a excelencia e a calidade en diversos formatos e que contan co apoio da Obra Social de Caixa Galicia. O Premio Novos Talentos está dirixido a traballos realizados por estudantes de deseño, arquitectura, publicidade ou comunicación en calquera ámbito conceptual. Este será a único con contÃa económica asociada, unha bolsa de 6.000 euros para traballar nunha empresa do Clúster durante un semestre ou nun centro de excelencia no estranxeiro. Tamén hai un premio a Libro editado, unha categorÃa dedicada ao Deseño Innovación, para aqueles traballos de deseño que utilicen formatos innovadores e un Premio Produto Gráfico Publicitario que inclúe tamén as campañas on line. Un xurado de cinco membros encabezado polo Presidente do Clúster seleccionará os traballos gañadores que se darán a coñecer nun acto o vindeiro 30 de novembro. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, salientou a oportunidade destes galardóns antes da celebración do Ano da Lectura no 2010, xa que a innovación e o deseño dos libros poden contribuÃr a mellorar os baixos Ãndices de lectura actuais.